¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Senda Litoral de Ribeira

(paseo marítimo desde Palmeira ata Punta Couso)

Ribeira avanza no obxectivo de unir toda a súa franxa costeira nun único espazo accesible para peóns, unha senda verde para gozar plenamente da súa natureza, mar e historia. Dende Punta Couso atoparemos unha pasarela de madeira e camiños de terra ben marcados ao longo dunha costa escarpada con vistas ás Illas de Sálvora, Vionta e Noro, ata chegar ao Porto de Aguiño, no que poderemos contemplar as descargas dun dos mariscos máis prezados do lugar, o percebe. Desde este punto poderemos seguir camiñando polo paseo litoral Carreiro-Areeiros-Catía ao carón das praias da Tasca, O Castro e A Catía ata chegar a Castiñeiras. En ruta cara o interior da ría e tras un tramo por estrada, poderemos seguir polo paseo marítimo Touro-Ameixida e continuar cara o núcleo urbano de Ribeira. Se optamos por estender a nosa ruta, podemos facelo polo paseo de Coroso ata a praia de Río Azor. Cunha pequena camiñada de 20 minutos chegaremos á vila mariñeira de Palmeira.

  • PUNTO DE PARTIDA: Punta Couso (Aguiño)
  • MAIL: turismo@ribeira.gal
  • TELÉFONO: 686 587 000 / 981 873 007
  • WEB: http://turismo.riveira.es
  • PERCORRIDO (IDA E VOLTA): 29 km
  • DURACIÓN: 6 h
  • NIVEL DE DIFICULTADE: baixa
  • ACCESIBILIDADE: consultar previamente

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar